¿O hoy es jueves? No sé, el caso es que no hay nada en la tele (paréntesis google....sí, es jueves, mierda...) Bueno, pues ahora no cambio el título...aunque podría esperar media hora para poner el Post, pero entonces ya no tendría sentido todo lo que he escrito hasta ahora, y hoy, la verdad, no estoy sobrado de ideas.
En la tele, un reportaje sobre la industria del chocolate que me está poniendo malo...joder que ganas de zampar chocolate...pero qué ganas...tiene todo una pinta...y no tengo nada en casa, pero ni una triste onza...en fin...
pues...nada...
y tal...
En la tele, un reportaje sobre la industria del chocolate que me está poniendo malo...joder que ganas de zampar chocolate...pero qué ganas...tiene todo una pinta...y no tengo nada en casa, pero ni una triste onza...en fin...
pues...nada...
y tal...
7 comentarios:
...Senhor,
isto dirá sobre um teu escrito de há uns dias, com licença e sem pretender ofender demasiado, pois seria de mau gosto fazer tal nesta tua casa. A saber: actualizar Lorca, escreve-che? Como será isto? Significa isto que Lorca escrevia mal, e tu tens capacidade para o melhorar? Nom, nom. Quase o único escritor eterno (Quevedo perceberá que estou generalizando) que tem um sistema literário em geral assaz medíocre, historicamente vulgar, e tu queres converte-lo em pequeno, contingente, menor portanto. Tenta ler outra vez a obra. Mas agora sem óculos. E com olhos de ver, nom com os outros. Ou seja, com os ouvidos. Ainda utilizas óculos?
Desculpa, isto esclareço, se o que pretendes e fazer algo nom artístico. Quer dizer, se o que procurares é fazer um acto qualquer sociocultural a partir de "Yerma"; se a tua arela neste acontecimento nom está em relaçom à arte, mas à indústria; entom ignora isto que eu escrevim, pois nesse âmbito nada tenho a dizer. Até podes, logo, insultar-me. Um bocadinho, claro, sem excessos...
actualizar, sí, non cambiar; cecais o problema veña da expresión francesa "mettre à jour", que se traduce por actualizar ou poñer ao día...iso sí, o texto non é para min máis que unha "ferramenta" de traballo, e non unha especie de libro sagrado que cómpre venerar e idolatrar...así que supoño que non estou de acordo contigo...eu non falo de mellorar o texto, porque montar unha peza non ten nada que ver con iso: eu falo de subir ao escenario un texto de Lorca en 2008 e que "fale" ao público francés que o vai recibir...e vaino recibir en francés, primeiro problema para conservar o texto, a traducción. e poido asegurarche que tiven moitos problemas para traducilo e "preservalo"...
coido que as miñas palabras son algo pobres, e faríanos falta máis tempo e algo de café para atopar as boas; creo que ésta é unha longa discusión (eterna) sobre si o teatro non é máis que unha "transposición escénica" dun texto literario...eu non son partidario diso, e sorpréndeme que tu parezas selo, cando penso na túa relación coa música, que, se non recordo mal, era bastante máis aberta...
en fin, non dubides que o que faigo é "artístico"...¿acto sociocultural? iso sí que me ofende...e a discusión sobre a arte, o mercado da arte, e por donde me paso eu o que os outros digan de si o que faigo é arte ou non, terémola que deixar para outro día...
Eu vou crear algo novo a partir dese texto, unha obra nova que non pertence á literatura, pertence ao teatro e só no teatro pode tomar forma e existir. E para comprobalo só tes que vir a vela, estás convidado...unha aperta.
por certo, aproveito para renovarche o meu ofrecimento de contactar a través do mail e dun posible reencontro...
...O problema nom é de traduçom nem cronológico. E a discussom nom é longa. Nom para o artista. Outra cousa som aqueles que escrevem sobre o artista, que utilizam a sua criaçom. Directores, intérpretes, a quem nom se lhes pressupom potência artística nenhuma, só um lugar e um fazer em determinada infra-estrutura socioeconómica. Se calhar outro dia falo nisto e explico-che melhor.
agora,
o do texto como "ferramenta" é umha asneira, umha estupidez pequeno-burguesa (nom te sintas aludido, senhor, já sabes o problema de escrever neste meio no canto de falar, as más interpretaçons que se dam) que só define a quem tal texto utiliza. Eu nom falo em "texto", falo em "obra". O problema do teatro decimonónico (e para mim decimonónico é, por exemplo, a ideia do actor de Grotowsky, para que percebas que nom me refiro a umha estética visual, simplesmente) é precisamente essa ideia de "montar" a obra de arte. De facto, nom a ideia de "montar". O problema é a palavra "montar", ou "montagem". Desenvolveremos isto.
e,
nom esqueças que na arte o 'público' é absolutamente irrelevante, acessório, quase sempre um estorvo, um atranco, até porque é constructo teórico, irreal. Outra cousa é na indústria da arte, e por isso dizia o de acto sociocultural. Sempre que penses qualquer obra para que fale ao público estás a pensar nun acontecimento industrial, de compra e venda. Isto, claro, independentemente do que nos falavam os professores inúteis nas Escolas Superiores de Musica e Artes Escénicas respectivas. Também desenvolveremos isto.
ademais
Sagrado:
precisamente a arte é sempre, necessariamente, sagrada, sangrada, ritual, escura, sobretodo escura. Ou nom será arte. Será entom linguagem, ou qualquer outra cousa para transmitir umha informaçom contingente, singular, a umhas pessoas que estam a olhar. Simples acto comunicativo. Um jornal. A arte será, logo, um jornal.
e,
a única arte é a música, claro. Si. Nom digo isto por ser eu músico. Eu sou músico porque sei que é a única arte. Si. Claro que nom sei que interpretas tu quando ves escrito esta palavra, "música".
Avante com a tua obra. Se regressas à pátria e representas qualquer cousa, irei. Se for em galego, claro. Aliás, talvez tenho que ir a Lyon nos próximos tempos. Perguntarei por ti numha padaria, ou deixarei algumha mensagem polos muros da vila, ou folhas soltas nas cafetarias...
Xa que nos poñemos así...cantas parvadas..e sen ningunha mala intención...porque non apuntas ningunha cousa "certa", senon que é un exercicio de pura dialéctica, onde te limitas a dar a volta as miñas proposicións.
Vaia por diante: eu son "xordo", profundamente ignorante no tema e pouco amante dá música en xeral.
A única arte é a música? ¿qué música, a escrita ou a interpretada? ¿polo autor ou por outros? ¿con bos ou malos instrumentos? ¿en boas condiciós sonoras? qué poido dicir a iso...unha "asnería"...ah, e que saibas que "asnería" non dá lugar a interpretaciós, é o que é, haberá que asumilo, non? e digo eu que sobra: ¿por que eu debería ter en conta o problema das "palabras" por "asnería" e tu non o tes en conta por "ferramenta"? non o tomo a mal, pero coño, tanta sinceridade...
Montar, montaxe, reunión de elementos heteroxéneos cun obxectivo determinado (ou algo así escribiu Eisenstein...) A montaxe é un mecanismo, un método, unha "ferramenta": ¿a música non utiliza de ferramentas para a súa creación ou interpretación?
Diferencia entre a posta en escena e a música. A música pode escribirse, está (e insisto na miña ignorancia na materia) sometida á un código (inda que as notacións poidan ser moi variadas). O teatro non se escribe, o texto si. O teatro "acontece", ten lugar ou non, independentemente de que as condicions e os medios sexan os adecuados. Non se pode "facer teatro", pódese poñer en situación aos actores e ao público de que o acontecemento teatral se produza. E non ten nada que ver con Grotowski.
O espectáculo non existe nada máis que no momento no que se produce, é pura experiencia para o actor (xa que falamos de Grotowski) e para o espectador, pero é neste último onde realmente ten lugar. Non hai teatro sin público. A sua orixe "ritual" segue a formar parte da súa esencia, nese sentido.
(queda pendente de desenvolver algo máis)
Non se trata de someterse aos seus criterios, non ten nada que ver con vender entradas.Eu non faigo algo para que poida "gustar", para que seña "comprensible" polo público francés, pero cecais os dous ultimos anos de formación moi "brechtiana" deixaron un pouso na miña conciencia..
Estou de acordo con outra cousa: a escuridade: eu interprétoa á miña maneira: escuridade non da arte, senon da obra. A obra que escapa ao discurso, á interpretación, ás palabras. Pero é penso que a arte é a experiencia da obra: para o creador e para o resto (e así non nos liamos coas palabras). Penso nun libro dun artista francés, que se titula: "10 paisaxes que non pintarei nunca",ou algo así, e non os pinta porque "pode falar deles".
Sigo á tua disposición. Unha aperta.
...Senhor,
nom te amoles comigo. Eu nom escrevo sobre ti, se reparas. Como vou fazer tal, se nom sei que é o que estás a fazer? Até podo supor que sempre será algo mais ou menos bom, por tempos idos. Só aproveitei a idiotice essa de "actualizar" para conversar um bocado contigo, mas nom sobre nenhum acto concreto teu. Portanto nom sintas que deves atacar-me depois de cada cousa que escrevo porque isso leva-te a falar por nom estar calado. Eu odeio profundamente isso que tu nomeias 'dialéctica'. Quanto a isso eu só percebo de materialismo dialéctico, que alude a coisas que se tocam, que vivem e morrem. Como podes dizer que nom falo em cousa 'certa'? Suponho que será cousa do idioma, todo sobre o que falei/escrevim é tangível, pode-se apanhar, pessa, aboia, ou afunde. Mas nom é discurso. Eu nunca fago discurso. Se queres falamos nesses termos, em termos de nada. Falamos da metafísica da arte. Só que para isto já está todo o escrito no s. XX, toda essa cousa antiga e retrógrada. Entom eu, que lim todo, roubaria palavras do outro e diria: "há metafísica bastante em nom pensar em nada", e ti, que tambem todo liche (suponho, nom é difícil) respostarias com teorias vindas da Europa Leste, ponho por caso. Nom percebim esse teu comentário. Pode ser que já nom saibas ler.
Nom vou comentar muito as cousas que escreves porque isto vai acabar mal. Fazes muita palavra e confussom com isso de que o teatro 'acontece', com a hipótesse de que nom existe 'fazer teatro', e por aí fora. Sabes perfeitamente (e aqui vou dar por assumido algo que nom sei, pois nom te conheço) que o teatro nom tem nada a ver com as discussons sobre teatro ou com as distintas correntes que sobre ele e nele vam aparecendo. Eu nunca falo disso, todos os escritos dos teatreiros que lim, que leo produzem-me dor de olhos. Questom de estilo, de mal-escrever, e de mal-pensar. Isto levaria algum tempo explica-lo e acabo de aprender que este nom é o meio. E entre nos os dous nom há outro meio, assim que fica sem explicaçom.
Tes mau carácter, certamente. E lês mal, repito. Digo 'lês' de ler as palavras que escrevo, nom de ler o que eu escrevo. O da asneira ia com a frase do 'texto como ferramenta'. Nom ia contigo. E, na verdade, penso que nom deveria ser preciso aclarar isto, por óbvio. Como vai ser o texto umha ferramenta? Ou melhor: a certo nível claro que é umha ferramenta, a arte é ferramenta, mas ferramenta do Ur-Eine, se queres ontologia. E eu nom me estava a referir a isso, e ti também nom. No nível no que tu estás o texto é todo. Esquece paradigmas éticos do teatro (que nom estéticos). A sério, esquece isso, sejam de fora, sejam teus próprios (que nom som, tal como escreves). E agora: Yerma, por falar no que começou isto, existe sem ti como director. Existe antes da representaçom X ou Y de Yerma. Existe contra os que querem actualizar Yerma. Por suposto, e levado ao limite, existe sem os actores que pretendem representar Yerma. E nom penses automaticamente que isto é um simplismo, umha reduçom . Já sei que se escreveu que o que existe assim nom seria realmente Yerma, que só existiria no momento do acontecimento. Mas é que isto, que aguenta um argumento na Lógica, (e nom vou repetir todo o bla, bla, bla já escrito por outros) nom resiste um argumento no Real. Porque por muito que se me diga que eu nom vivim, ou conhecim, ponho por caso, "A boa pessoa (alma) de Sezuan", o´facto é que eu conhecim e vivim essa obra. E nunca a vim representada. E todo porque tinha o texto. Consigues perceber?. Por isso é que podes dizer se tal "adaptaçom" ou tal outra som mais ou menos artísticas, mais ou menos grandes. Ora bem, isto nom tem relaçom nenhuma com o que tu poidas fazer com qualquer obra. Mas isto é outro tema no que eu nom estava a falar, eu nom falava sobre ti. Pois isso agora tem a ver com o sistema económico e político e social, mais nada. Claro que podes fazer umha outra obra a partir de Yerma. Podes fazer o que desejares e onde gostares, o único marco aqui é a polícia. Se a polícia está a olhar há que respeitar a legalidade. A nom ser que também tu tenhas umha espingarda, entom as coisas ficam igualadas.
Pareces um miúdo de três anos quando confundes música com linguagem musical. O caso da música e de impossível resumo. Aqui só vou dizer que se nom percebes a música, se nom ouves a música (Beethoven era surdo, surdo totalmente, lembra), nom percebes nada de teatro. E, mais umha vez, nom te ataco (repito, como poderia?). Estou a falar da arte, nomeadamente da única arte, nom da tua capacidade ou incapacidade artística. Substitui o "nom percebes" por "se nom se percebe...", assim, em impessoal.
Conclussom:
nenhuma
mas pensa nisto: nom existe a Poesia, a Música, a Pintura, etc. Existe a Arte (ou a arte, que somos patafísicos). Talvez já o sabes, claro, mas agora aplica-o. E aplicá-lo significa que qualquer reflexom sobre, no teu caso, o teatro, tem que ser umha reflexom sobre a arte, assim, geral. Nom existem disciplinas artísticas. Ou existem, mas depois, no mercado, na sociedade. E será um grave problema e um sintoma de cegueira confundir sociedade com Vida. É claro?
Em todo este texto há muitas cousas que se deveriam explicar, mas é que nom consigo através da maquina esta. O mau é que ao nom estar ai sobre-expostas tu és capaz de pensar que nom estam, e esta vez talvez com razom. Seja como for, nom digas isso da 'dialéctica' se nom vas citar Marx (Karl, nom o Groucho)
Dito todo isto, lim por aí que jogas ainda basket. Bom, digo jogar, mas já sabes a que me refiro: vagar pola superfície pintada, porque tu eras mesmo mau. Lembro bem, mesmo mau.
Nom me berres muito, que eu sou perigoso...
Xa vexo que es perigoso...lerte é desconcertante; realmente; non sei se nas tuas palabras hai humor, ironía,un pouco de mala leche...non sei "como" lerte...
E ese mal humor do que me acusas... hai algo de "retranca", seguro, pero sen mala intención...
E o do basket...jejej...tomareino con filosofía; e sigo sendo malo, pero nestes 14 anos que pasaron tiven tempo de mellorar algo...
O que me sorprende é que pouses as cousas desa forma,con esa contundencia.
Por certo, segundo o diccionario:
dialéctica
(Del lat. dialectĭca, y este del gr. διαλεκτική).
1. f. Arte de dialogar, argumentar y discutir.
2. f. Método de razonamiento desarrollado a partir de principios.
3. f. Capacidad de afrontar una oposición.
4. f. En un enfrentamiento, apelación a algún tipo de violencia.
Digoo por se iso amplia un pouco o significado da palabra (e deixar a Marx descansar en paz).
Xa dixen que non sei "como" lerte, pero ¿que non saiba ler? ¿iso tampouco fala de min...?jeje..en serio, ¿ler as palabras e non ler o que escribes? ¿iso non é xogar coas palabras? citando a outro: "o texto deixa contidos ao estado virtual esperando un traballo cooperativo do lector, a súa actualización..." é non é porque eu tiña lido moito a Umberto Eco, pero a cita pasoume hoxe por diante nun "seminaire" de dramaturxia...e ven que nin pintada...digamos, logo, que non son un lector cooperativo...
En canto a "preexistencia" de Yerma, non hai nada que dicir. Ela existe en tanto que texto escrito e tu podes imaxinala e vivila como queiras. Iso sí, o feito de poñela en escena non ten nada que ver cunha "adecuación" ou cunha boa ou mala "adaptación" ou interpretación do texto escrito.Iso pon ao director ao servicio do texto e o seu único traballo é o de dar "corpo" à obra. Non hai teatro nas follas de papel. Haino na tua experiencia de lector e na do espectador que vai ver o espectáculo, independentemente do "rigor" con que ela foi posta en escena. De veras que me sorprende...porque ti falas da diferencia entre linguaxe musical e de música, pero non fas a diferencia entre linguaxe teatral e teatro. ¿Non ven sendo o mesmo paralelismo?
Independentemente de que non haxa disciplinas, non podemos negar que hai distintas "prácticas" en canto ás formas que pode adoptar a arte.
Se realmente queres ver "A boa persoa..." sobre un escenario montaa este ano o centro dramático galego... (¿coincidencia?)
Certo é que hai moito no teu "discurso" (permítome recuperar a palabra) que cumpriría desenvolver con máis calma. Que conste que me parece un tanto "dogmático".
O que está claro é que non falamos ás mesmas persoas que eramos hai tantos anos, non hai dúbida...
E volvín a facelo, escribir despois túa, pero non por unha necesidade irreprimible de facelo, senon porque, inda que imperfecta, ésta é unha forma de "diálogo". Eche cousa de dous, de intercambio. E niso andamos, neste ir e vir, que non nos leva lonxe, pero que nos ten ocupados unhas horas...pero agora xa calo...
Comede chocolates, pequenos / Comede chocolates! / Olha que não há mais metafísica no mundo senão chocolates”
Publicar un comentario